Recomendacións específicas ISSGA
Recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas actividades forestais elaboradas polo ISSGA segundo a información das autoridades sanitarias sobre o coronavirus.
Guía de recomendacións preventivas
Cartel de actividades forestais
Folleto de actividades forestais
COVID-19 Criterios de aplicación do RDL 10 á industria forestal
Fixéronse públicos os criterios de aplicación da Consellería de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia do Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula o permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais respecto de:
- Actividades esenciais
- Mantemento mínimo de actividade en industrias non esenciais
- Actividades de exportación – contratos internacionais
- Autónomos
- Representación sindical
Entre as actividades industriais esenciais, están os seguintes CNAEs da industria forestal pola súa vinculación á fabricación de envases e embalaxes para uso alimentario e para o transporte de mercadorías, producción de biocombustibles, celulosa, ataúdes, etc.:
Industria da MADEIRA E DA CORTIZA, EXCEPTO MOBLES; CESTERÍA E ESPARTERÍA
- 1610.- Aserradoiro e cepillado da madeira.
- 1621.- Fabricación de chapas e taboleiros de madeira.
- 1624.- Fabricación de envases e embalaxes de madeira.
- 1629.- Fabricación doutros produtos de madeira; artigos de cortiza, cestería e espartería.
Industria do PAPEL
- 1711.- Fabricación de pasta papeleira, papel e cartón.
- 1712.- Fabricación de papel e cartón.
- 172x.- Fabricación de artigos de papel e de cartón.
Actividades de subministración á industria da MADEIRA E O PAPEL E TRABALLOS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- 0210.- Silvicultura e outras actividades forestais.
- 0220.- Explotación da madeira.
A industria manufactureira é esencial na medida en que a súa actividade esté destinada a prover de bens e materiais necesarios para o desenvolvemento dos sectores esenciais e deberá empregar unicamente os traballadores imprescindibles para garantir esa actividade aplicándose ao resto o permiso retribuído recuperable.
Ante unha eventual actuación das Forzas e Corpos de Seguridade, as empresas deberán ser quen de acreditar que realizan actividades esenciais e, para isto, convén que as empresas recopilen a documentación que demostre esta condición, segundo o caso.
Así mesmo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, esixe ás empresas que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade que prioricen a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras; así como a necesidade de axustar a súa actividade á proporcionalidade que esixen as lóxicas dificultades asociadas á conxuntura actual.
Os traballadores en actividade mínima ao lugar de traballo, teñen dereito a que a empresa lles expida unha declaración responsable recoñecendo tal circunstancia, de acordo co modelo recollido no Anexo da Orden SND/307/2020, 30 de marzo, por la que se establecen los criterios interpretativos para la aplicación del Real Decreto-ley 10/2020, de 29 de marzo, y el modelo de declaración responsable para facilitar los trayectos necesarios entre el lugar de residencia y de trabajo.
O permiso retribuído recuperable unicamente resulta de aplicación ás persoas traballadoras por conta allea. Por tanto, as persoas traballadoras por conta propia quedan fóra do seu ámbito de aplicación e poden seguir traballando se a súa actividade non foi suspendida polo estado de alarma.
Máis información en Criterios de interpretación RDL10/2020