Axenda
FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA PROFESIONAIS DA INDUSTRIA FORESTAL - Iniciación á construción con madeira
Dende XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, iníciase unha serie de módulos formativos de especialización vinculados á construción con madeira.
A iniciativa está enmarcada dentro das actuacións definidas na Axenda de Impulso da Industria Forestal (1.1.1) e reforza a estratexia de apoio da Axencia aos proxectos de construción con madeira.
O obxectivo é formar a operarios e instaladores do sector interesados en especializarse na construción con madeira, para así dar resposta á crecente demanda deste perfil.
Para iso, como inicio, convócanse os seguintes módulos:
- Prevención de riscos laborais
- Tecnoloxía da madeira
- Mellora continua
Os módulos contarán con formación teórica e práctica. Os contidos teóricos desenvolveranse en modalidade online e a parte práctica reduciuse ao mínimo (atendendo ás recomendaciones de prevención da COVID-19).