Axenda Axenda

Atrás

XORNADAS II Xornadas Internacionais Madeira 2021: Taller de deseño e construción con madeira (07-13/06/2021)

XORNADAS II Xornadas Internacionais Madeira 2021: Taller de deseño e construción con madeira (07-13/06/2021)
01/06/2021

XERA organiza, en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, as II Xornadas Internacionais Madeira 2021 - Taller de deseño e construción con madeira, que terán lugar do 7 ao 13 de xuño na Coruña e Arteixo.

Dando continuidade ás primeiras xornadas celebradas o pasado ano, mantense o foco na relación Tecnoloxía-Proxecto a través de tres escalas vinculadas, Territorio-Arquitectura-Moble, e formúlase o deseño e a construción dunha instalación artística de carácter efímero, experimental, dende unha posición de respecto e posta en valor dun espazo de alta calidade paisaxística e medioambiental, valorando aspectos topolóxicos, tectónicos e tipolóxicos, buscando solucións de convivencia entre "artefacto" e natureza.

Titores invitados:

  • Sebastián Erazo Fischer. Arquitecto e deseñador. París, Francia
  • Stefano Pugliese. Arquitecto e deseñador. Milán, Italia. Profesor en Faculty of Fine Arts and Design. EU, Izmir Turkey

Prazas limitadas: 30 alumnos/as que se organizarán en 2 grupos de traballo.