Novas Novas

Atrás

#Utilizamadeira Próxima publicación de axudas do programa para o fomento da construción e o desenvolvemento de produtos de madeira

#Utilizamadeira Próxima publicación de axudas do programa para o fomento da construción e o desenvolvemento de produtos de madeira
10/07/2020

Está previsto que o próximo venres 17/07/2020 se publique no DOG a convocatoria de catro liñas de axuda para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras con madeira:

#XERAproxecta

  • L 1.1 (IN502B) Redacción de proxectos de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais
  • L 1.3 (IN502D) Redacción de proxectos de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais
  • L 2 (IN502E) Obras en establecementos de negocio con produtos de madeira

#XERApackaging

  • L 1.2 (IN502C) Proxectos de desenvolvemento de envases, embalaxes ou expositores PLV realizados con madeira