Novas
Atrás
XERA-TECNO (IN500A) Continuación do cómputo de prazo para presentación de solicitudes de axuda
XERA-TECNO (IN500A) Continuación do cómputo de prazo para presentación de solicitudes de axuda
08/05/2020
No DOG nº 88 do 08/05/2020, publicouse a resolución pola que se levanta suspensión dos prazos e se acorda a continuación da tramitación do procedemento de concesión das axudas XERA-Tecno IN500A (fondos Feader) destinadas a inversións en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto durante seis (6) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
- Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes do procedemento de concesión de axudas convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2020) (código de procedemento IN500A)
- Máis información sobre a convocatoria