Novas
Atrás
XERA-TECNO (IN500A) Continuación do cómputo de prazo para presentación de solicitudes de axuda
XERA-TECNO (IN500A) Continuación do cómputo de prazo para presentación de solicitudes de axuda
04/05/2020
Está previsto que o vindeiro venres 8/5 se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se levantará a suspensión dos prazos e se acorda a continuación da tramitación do procedemento de concesión das axudas XERA-Tecno IN500A (fondos Feader) destinadas a inversións en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.
En consecuencia, reanudarase o prazo para a presentación de solicitudes que estará aberto durante seis (6) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.