Publicacións
Atrás
TRABE, dimensionado de estruturas de madeira segundo o CTE
TRABE, dimensionado de estruturas de madeira segundo o CTE
28/10/2020
Esta ferramenta gratuíta para o cálculo estrutural estase a desenvolver no marco do convenio “Madeira en Valor” entre a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE).
TRABE está deseñada para o cálculo estrutural de produtos en madeira e pretende servir de apoio á toma de decisións do prescritor para unha instalación en condicións de calidade e seguridade. Inclúe as principais especies forestais galegas, impulsando os produtos locais de madeira.
É unha ferramenta en desenvolvemento. Na súa primeira versión, inclúe un módulo para o cálculo de vigas de forxado e, proximamemnte, poderán realizarse cálculos de cubertas.