Axencia Galega da Industria Forestal

Información práctica

Planificouse coidadosamente a sustentabilidade do evento, implementando diversas medidas para mellorar e reducir significativamente o impacto ambiental asociado á organización do Simposio. Con esta iniciativa buscamos a colaboración activa de todos os participantes e asistentes, que desempeñarán un papel fundamental na consecución dos nosos obxectivos.
 
Entre as metas propostas atópanse alcanzar un 100% de separación de residuos en orixe, realizar o cálculo e compensación da pegada de carbono do evento, e lograr un nulo desperdicio alimentario, entre outros. En definitiva, aspiramos a gozar do evento asumindo a responsabilidade das consecuencias derivadas da súa celebración, co compromiso de minimizar e compensar calquera impacto negativo. A vosa participación será clave para facer deste evento non só un momento memorable, senón tamén unha contribución positiva cara un futuro máis sostible.

 

Lugar de celebración

 

Lugar do xantar 

Restaurante Terras do Miño

 

Hoteis cercanos

Hotel EsteOeste

Hotel Mercure

Gran Hotel Eurostars

Hotel Méndez Núñez

Hotel Puerta de San Pedro

 

Como chegar

O Simposio  'As frondosas autóctonas, a resiliencia do sector forestal?' ten natureza e vocación sustentable, polo que recomendamos o uso do transporte público ou de medios de locomoción non contaminantes. No caso de non ser posible, a recomendación é utilizar vehículos compartidos para reducir as emisións:

En transporte público: As liñas de autobús 3.1 y 3.2 operan cunha frecuencia de media hora. A liña 11 tamén ofrece acceso aínda que a súa frecuencia é menor.

En coche: A dirección é accesible en coche. Existen opcións de aparcamento tanto interior (42.98790, -7.53536) como exterior (42.98957, -7.53777).