Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta e a Universidade de Santiago colaboran para seguir potenciando o uso da madeira de castiñeiro na construción

pemade
Lugo,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, visitou esta mañá as instalacións do laboratorio da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade) na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, ao abeiro do convenio de colaboración que mantén coa Universidade de Santiago para o fomento do emprego das frondosas na construción.

O obxectivo de Pemade é ofrecer servizos e apoio docente en aspectos do coñecemento relacionados coa enxeñería da madeira con fins estruturais e, por iso, a Xunta colabora con esta plataforma para potenciar o seu emprego na construción. Isto entra dentro da aposta do Goberno autonómico pola madeira como material estrutural, tanto dende o ámbito privado como do público.

Imaxes relacionadas