Axencia Galega da Industria Forestal

Axenda

Filtros
Filtrar
Limpar
30
Set

WEBINAR Presentación da guía para o marcado CE de produtos de madeira (30/09/2020)

Mércores 30 de setembro ás 12:00 h

Xornada online de presentación da Guía técnica para a implantación do marcado CE en produtos de madeira para a construción, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

07
Xul

#Utilizamadeira WEBINAR Presentación do Programa para fomentar a construción e o desenvolvemento de produtos de madeira (07/07/2020)

Martes 7 de xullo de 2020, de 12:00 a 13:00 h

O programa, dotado con 1,7 M€, inclúe catro liñas de apoio ao uso da madeira:

  • Proxectos de nova construción e rehabilitación de naves e negocios
  • Desenvolvemento de envases, embalaxes e expositores PLV
  • Proxectos de execución de vivenda nova ou rehabilitada
  • Obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio
22
Mai

#SeguimosAdiante WEBINAR Retos da industria forestal post-COVID19 (25/05/2020)

16
Mar

Xornada informativa sobre axudas á industria forestal en Vigo (16/03/2020)

13
Mar

Xornada informativa sobre axudas á industria forestal en Ourense (13/03/2020)

11
Mar

Xornada informativa sobre axudas á industria forestal en Ponteceso (11/03/2020)

Xornada organizada en colaboración con Atacarma, asociación de carpinteiros da Costa da Morte, para a dar a coñecer as axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas á industria forestal.

  • Lugar: sede da Fundación Eduardo Pondal, Couto nº 62, Ponteceso (A Coruña)
  • Data: mércores 11 de marzo
  • Hora: 19:30

Acceso libre ata completar a capacidade do local.

10
Mar

Xornada Servizos ecosistémicos: biodiversidade da Comunidade de Montes de Rogueira e Cabana (10/03/2020)

20
Feb

Visita ao PAC de A Laracha (A Coruña). Utilización de sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario

  • Visita ao PAC de A Laracha (A Coruña).
  • Data: 20/2/2020
  • Utilización de sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario.