Axenda

Filtros
Filtrar
Limpar
02 Xul

Galiforest 2026

Do 2-4 de xullo de 2026 en Segude (Boqueixón)

O monográfico forestal internacional Galiforest Abanca celebrará a súa 8ª edición no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello de Boqueixón (A Coruña). 

Trátase dunha feira con exposisión dinámica e demostrativos no monte, en condicións reais de traballo que xera un espazo de encontro forestal que posibilita a xeración de negocio, innovación e divulgación tanto técnica como social. O certame ocupará unha superficie de máis dunha hectárea e espérase a asistencia dunhas 400 firmas procedentes de máis de 30 países cunha afluencia media duns 3.000 visitantes diarios.

>> Máis información

 

19 Mai

Presentación do "Informe da cadea forestal-madeira de Galicia 2024-2025"

Presentación do Informe da cadea forestal-madeira 2024-2025, elaborado en colaboración coa Universidade de Vigo.

  • Día: martes 19 de maio de 11:00 a 13:00 h
  • Lugar: Fundación Laboral da Construción: rúa Pontepedriña de Arriba, nº 13
  • Inscricións ata o luns 18 de maio ou ata completar aforo. 

 


 

28 Abr

Presentación de resultados "Madeira en valor"

O convenio de colaboración “Madeira en Valor” (2023 – 2025) entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural tivo como finalidade impulsar o uso do castiñeiro como material estrutural, promovendo a súa contribución á descarbonización do sector da construción e xerando valor ao longo de toda a cadea forestal-madeira en Galicia.
Esta xornada permitirá coñecer de primeira man os resultados da investigación, así como as súas aplicacións prácticas e o seu potencial para avanzar cara a un modelo construtivo máis sustentable.

  • Data: 28 de abril de 2026 
  • Horario: 11:30 – 14:00 h 
  • Lugar: Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (Campus de Lugo) na rúa Benigno Ledo s/n, 27002, Lugo
10 Mai

Xornada de divulgación proxecto LIFE SILFORE: Xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo

Xornada divulgativa no marco de proxecto LIFE SILFORE organizada polo CIF Lourizán que terá lugar o sábado 10 de maio en Chao de Pousadoiro, Ribeira de Piquín (Lugo).

29 Abr

29/04 - 14/05 Exposición Proxecto SILFORE- Silvopastoreo en Bosques atlánticos e subatlánticos

Ata o venres 14 de maio, poderá visitarse a exposición do proxecto LIFE Silfore, no que participa o CIF Lourizán, sobre a conservación de bosques atlánticos e subatlánticos europeos co manexo de sistemas silvopastorais frente ao reto do cambio climático.

A exposición estará aberta ao público no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida María Victória Moreno, 43).

 

 

20 Mar

Xornada técnica: Valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia

Xornada técnica do proxecto Resonate: "Avances do proxecto tecnolóxico para a valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia" que terá lugar na sala de eventos do Edificio Fontán na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o xoves 20.03.2025 de 10:30 a 15:00 h.

11 Mar

Sesión informativa sobre as axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A)

O martes 11.03.2025, celebrarase unha sesión informativa sobre as axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A) aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas con fondo FEADER e con prazo aberto para a presentación de solicitudes ata o 26.03.2025

 

26 Feb

Convocatoria de axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A)

No DOG nº 39 do 26/02/2025 publicouse unha nova convocatoria de axudas XERA-Tecno, o prazo de solicitudes permanecerá aberto do 27/02/2025 ata o 27/03/2025