A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) é unha axencia pública autonómica adscrita á consellería competente en materia economía e industria pero con personalidade xurídica propia diferenciada respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con patrimonio e tesouraría propios e autonomía de xestión nos termos que precisan as leis. A Axencia Galega da Industria Forestal ten como finalidade actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada á industria forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación e tecnolóxicos vinculados á industria forestal. En particular, a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) perseguirá, entre outros, os seguintes obxectivos: Mellorar a competitividade e a innovación das empresas do sector forestal desde a primeira fase de transformación do recurso, e con especial incidencia na segunda e seguintes fases. Incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente. Impulsar a creación de emprego de calidade no medio rural. Incentivar a mellora da formación e a cualificación do persoal empregado no sector forestal. DECRETO 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de decembro de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega da Industria Forestal