Mapa de apoios da industria forestal 2020
Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract.
Axudas á redacción de proxectos de construción, rehabilitación, ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Axudas a proxectos de desenvolvemento de envases, embalaxes ou publicidade no lugar de venda (expositores PLV) realizados con madeira.
Axudas á redacción de proxectos de novas vivendas unifamiliares ou de rehabilitación ou reconstrución que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Axudas á realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos de madeira.