A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) publica nesta sección a información relativa aos convenios de colaboración asinados por esta axencia que está recollida na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Convenio Obxecto Data sinatura Importe Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da V edición da feira bienal Galiforest Organización da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa 27/6/2018 108.700€ Acordo Marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) – Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) e a Fundación Catedral de Santiago para a realización de actuacións de recuperación e conservación do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela Colaboración nas actuacións de recuperación e conservación das estruturas da Catedral de Santiago de Compostela 3/8/2018 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o desenvolvemento de proxectos de renovables térmicas cofinanciado con fondos feder no marco do programa operativo feder Galicia 2014-2020 Establecer as bases da colaboración entre o Inega e XERA para impulsar as enerxías renovables térmicas 19/11/2018 300.000,00 € Acordo marco entre a Axencia Galega da Industria Forestal, a Universidade de Vigo e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia, para a promoción da utilización da madeira e da pedra natural nas infraestruturas da Universidade de Vigo A promoción da utilización da madeira e da pedra natural nas infraestruturas da Universidade de Vigo 18/3/2019 Sen achega económica Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción A posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e a promoción da madeira na construcción durante o período 2019-2022 30/7/2019 517.876,00 € Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares Promover a formación, transferencia e difusión do coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares 12/12/2019 Sen achega económica Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para o desenvolvemento dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia Desenvolvemento dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia 4/5/2020 90.750,00€ Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para a execución dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia Execución dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia 27/4/2021 50.109,00€ Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con Fondos Feder no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 Desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con Fondos Feder no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 2/7/2021 7.245,72€ Acordo marco de colaboración entre a consellería de sanidade, o servizo galego de saúde, “Galaria, empresa pública de servizos sanitarios S.A.”, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), a Agrupación Industrial da Saúde de Galicia (CSG), a “agrupación industrial da madeira e o diseno de galicia” (CMD), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Instituto de Vivenda e Solo (IGVS), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural” (AGADER), a Universidade da Coruña UDC, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo, a Fundación Universidade Empresa (FEUGA), a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Fundación Juana de Veiga, para a participación conxunta na convocatoria de proxectos europeos da iniciativa “New European Bauhaus” Establecer as bases da colaboración e coordinación necesaria entre as partes para a presentación de proxectos no marco da convocatoria da “New European Bauhaus” 12/7/2021 Sen achega económica Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Sociedade Pública Galicia Calidade, S.A.U. para a promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a vindeira campaña de Nadal Promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a campaña de Nadal 10/12/2021 10.459,85€ Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) para a divulgación da madeira como elemento para o deseño Divulgación da madeira como elemento para o deseño 23/12/2021 14.000,00€ Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para a promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica Promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica 29/12/2021 223.471,00€ Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da feira bienal Galiforest Organización da feira bienal Galiforest 27/4/2022 108.700,00€ Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e o Instituto Galego de Estatística para o intercambio de datos e información (00-M-38-22) Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a CMR, a través da DXPOF, a XERA e o IGE para realizar un estudo sobre a caracterización económica e sociodemográfica do monte galego, que permita describir as explotacións forestais, os seus titulares e a cadea forestal da madeira e, de existir información, doutros recursos forestais 26/7/2022 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en relación coas actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego Establecer un marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal, a través de CIS Madeira, e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, relacionado coas actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego 20/10/2022 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a Axencia Galega da Industria Forestal, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade de sistemas de información da cadea monte industria Establecer as pautas que se seguirán para o desenvolvemento evolutivo e soporte de diversos sistemas de información que permitan o apoio no desenvolvemento das competencias encamiñadas á planificación, ordenación, fomento, mellora da produción e conservación dos recursos forestais, así como do desenvolvemento e dixitalización da industria forestal de Galicia 27/10/2022 146.000,00 € Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Servizo Galego de Saúde para a mellora do benestar e a diminución da pegada de carbono mediante o uso de madeira Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a XERA e o Sergas para: a) impulsar o benestar das persoas usuarias dos centros sanitarios creando unha contorna que favoreza a sensación obxectiva de benestar mediante a utilización de madeira; b) incorporar sistemas construtivos que maximicen o uso de materiais de orixe biolóxica e reciclables nas obras públicas de ampliación, rehabilitación, reforma e nova creación co obxectivo de diminuír a pegada de carbono na edificación pública 17/11/2022 Sen achega económica Convenio entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) polo que se lle conceden subvencións autonómicas ao INORDE, para a participación activa do centro de desenvolvemento agroforestal de riós no desenvolvemento dun programa específico de identificación, restauración e promoción da xestión forestal activa e sustentable, durante os anos 2023 e 2024 A participación do Inorde nun Programa específico de identificación, vixilancia e promoción da xestión activa dos soutos tradicionais de castiñeiros e das masas de frondosas autóctonas, con especial fincapé na promoción de agrupacións de propietarios para a xestión conxunta sobre figuras de base asociativa, civil ou mercantil, e na loita contra as doenzas do castiñeiro e as frondosas autóctonas 10/7/2023 40.000,00 € Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan Estratéxico da Industria Forestal-madeira de Galicia Elaboración do plan estratéxico para a industria forestal-madeira de Galicia 25/10/2023 120.000,00 € Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da feira bienal Galiforest Organización da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa 20/12/2023 1.030.000,00 € Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar o emprego do castiñeiro e a súa constribución na descarbonización do sector da construción Promover o emprego do castiñeiro para a descarbonización do sector da construción e a promoción da madeira na construción 30/12/2023 290.014,01€ Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para o estudo de casos de éxito e proposta de accións en materia de produtos de alto valor baseados no piñeiro de Galicia Adquirir e coñecer as mellores prácticas dentro da estratexia de diferenciación e posta en valor dos produtos forestais de orixe local levada a cabo pola rexión de Nova Aquitania (Francia) para propor e deseñar políticas públicas para a mellora da competitividade e a innovación do tecido industrial vinculado ao piñeiro de Galicia 20/6/2024 37.841,00 € Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia para a elaboración dunha estratexia de comunicación a prol do fomento da utilización da madeira Regular a colaboración entre XERA e o CMD para a realización das actuacións necesarias en materia de comunicación para o fomento do coñecemento e do vínculo dos promotores e prescritores coa industria forestal galega como fornecedora de produtos locais de alto valor engadido e baixa pegada ambiental 2/8/2024 50.000,00 € Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade de sistemas de información de xestión da Axencia Galega da Industrial Forestal Establecer as pautas a seguir para o desenvolvemento evolutivo e soporte de sistemas de información que dan servizoá Axencia Galega da Industria Forestal 27/8/2024 835.000,00 € Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) en relación coas actuacións de planificación, proxección, construción, conservación e explotación de estruturas e edificacións de madeira O fomento na edificación pública do uso de sistemas construtivos sostibles, baseados en materiais de orixe biolóxica e reciclables, co fin de reducir a pegada de carbono e mellorar o benestar das persoas usuarias 1/10/2024 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para o impulso da construción en madeira nas edificacións O fomento na edificación pública do uso de sistemas construtivos sostibles, baseados en materiais de orixe biolóxica e reciclables, co fin de reducir a pegada de carbono e mellorar o benestar das persoas usuarias 13/11/2024 Sen achega económica Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), a través do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e UFD distribución electricidad S.A. (grupo Naturgy) para realizar un plan de traballo para o estudo e desenvolvemento de técnicas de xestión da vexetación baixo liñas aéreas de media e alta tensión Realización de ensaios e o desenvolvemento de protocolos para a xestión da vexetación baixo liñas eléctricas de alta e media tensión, co fin de garantir a seguridade das infraestruturas e promover a sostibilidade ecolóxica, permitindo ademais a súa aplicación por UFD-Naturgy e a súa replicación noutras zonas con condicións similares 19/3/2025 157.346,00 € Acordo de cotitularidade entre a Universidade de Vigo e a Axencia Galega da Industria Forestal, sobre a invención titulada: “Modelo de barreira acústica con base en madeira e cortiza (bamacor)” Regular as obrigas de cada unha das partes para a consecución do título de propiedade industrial e a súa ulterior utilización 14/4/2025 Sen achega económica Acordo de prestación de servizos entre a Axencia Galega da Industria Forestal, a través do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e a Asociación Forestal de Galicia (AFG) para o "deseño de protocolos rexionais de monitorización de bosques laboratorio e produción e ensaio de planta mellorada" no marco do proxecto "rede de bosques laboratorio con planta mellorada para aumentar a resiliencia e a produción nos montes de coníferas (planforlab)” Preténdese desenvolver unha actuación dentro do proxecto PLANFORLAB para a que a Asociación Forestal de Galicia require a colaboración externa de investigación do Centro de Investigación Forestal de Lourizán 23/4/2025 52.000,00€ Acordo entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, como nodo central do Banco de Germoplasma Forestal e de Flora Silvestre en Rede, e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán para participar no Banco de Germoplasma Forestal e de Flora Silvestre en Rede Facilitar información sobre o germoplasma de especies forestais e de flora silvestre conservado ex situ e promover sinerxías entre os membros e outros axentes para mellorar o estado de conservación dos recursos xenéticos das especies forestais e o uso adecuado do material xenético, así como contribuír ao desenvolvemento de programas de conservación ex situ e reintroducción de taxones de flora silvestre ameazada. 25/4/2025 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Consello Galego da Arquitectura Técnica para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares A promoción do coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares 14/5/2025 Sen achega económica Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e a Fundación Arume polo que se lle concede unha subvención autonómica á Fundación Arume, para a dinamización sectorial, promoción e posta en valor da cadea monte-industria de Galicia no ano 2025 Instrumentar unha subvención directa da Xunta de Galicia á Fundación Arume a través da Axencia Galega da Industria Forsestal para o desenvolvemento de accións de dinamización sectorial, promoción e posta en valor da cadea monte-industria de Galicia. 18/9/2025 59.284,34 € Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da VIII edición da feira bienal Galiforest Regular as condicións da colaboración conxunta entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde para a organización no ano 2026 dunha nova edición da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa 22/12/2025 205.000,00 € Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e ECOCELTA Galicia S.L. para o desenvolvemento de programas do plan de innovación e mellora innovación forestal de Galicia do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF de Lourizán) Desenvolver programas do plan de innovación e mellora innovación forestal de Galicia do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF de Lourizán) 27/3/2026 Sen achega económica Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), e a Fundación Catedral de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de estudo, conservación e difusión do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre Genera, a través do CIS-Madeira e a Fundación relacionadas coas actuacións de estudo, conservación e difusión do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela 8/5/2026 Sen achega económica Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade da Coruña, para a realización de actividades no ámbito da rehabilitación arquitectónica e da valorización de madeira de frondosas de Galicia no cambio de uso da Finca de Lourizán Regular a colaboración entre XERA e a UDC para o apoio técnico e divulgación do proxecto de rehabilitación arquitectónica e cambios de uso da finca de Lourizán, así como a realización das actuacións necesarias para a posta en valor de madeira de frondosas caducifolias de Galicia, durante o período 2026-2027 17/6/2026 24.283,80 €