A guía, desenvolvida no marco do convenio "Madeira en Valor II: Fomento do emprego do castiñeiro e a súa contribución á descarbonización do sector da construción (2023-2025)" entre USC-Pemade e a Axencia ten como obxectivo principal recompilar, organizar e poñer a disposición do sector a información necesaria para o uso adecuado da madeira de castiñeiro, integrando tanto o coñecemento técnico existente como as evidencias obtidas ao longo da campaña experimental.
Presentacións dos poñentes:
Roberto Erviti: MRM Arquitectos.
José A. de Pedro: Distrito Natural.
José María Quirós: Aedas Homes.
Pablo Saiz Sánchez: Woodea.
Alberto Fernández: COPASA.
Josep Mª Manich: Ajuntament de Barcelona.
Jesús Álvarez: SERGAS.
A guía pretende proporcionar orientacións prácticas dirixidas a facilitar a incorporación de criterios ambientais e de eficiencia na contratación pública relativa ao uso de madeira na construción.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) dispón dun panel de control (dashboard), de carácter estatístico, que describe anualmente a cadea monte-industria en Galicia
Videoxornada para dar a coñecer a marca de garantía Pino de Galicia e a ferramenta de trazabilidade blockchain para elementos construtivos en madeira denominada FORTRA. Dirixida a persoas prescritoras e empresas construtoras que desexen prescribir con madeira local mediante FORTRA e a marca Pino de Galicia os seus proxectos de execución que incorporen a madeira como elemento estrutural.
Realizada pola XERA e a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra e dirixida á industria forestal galega co obxectivo de coñecer os retos e expectativas que se lle presentan no actual contexto marcado pola pandemia da COVID-19.