Proxectos

LIFE TIMBER FOR ALL

Descarbonización de estruturas de formigón mediante o almacenamento de carbono en sistemas estruturais mixtos de madeira e formigón para unha arquitectura industrializada sustentable na Nova Bauhaus Europea

LIFE TIMBER FOR ALL busca que todos os edificios incorporen madeira sustentable e industrializada para alcadar un punto de equilibrio entre o formigón e a madeira, armonizando ambos materiais e almacenando carbono a longo prazo mentras se reduce a cantidade total de formigón e aceiro (e as emisións de GEI asociadas). A través da hibridación, o objetivo é permitir solucións óptimas para todo tipo de construcións, especialmente naquelas nas que a madeira por sí soa é actualmente inviable, e reducir os custos en comparación cas solucións que utilizan unicamente madeira. Asimesmo, tamén se propón descarbonizar o formigón con cinzas de biomasa.

O proxecto enmárcase no Programa LIFE da Unión Europea de Mitigación do Cambio Climático, cun orzamento total de 3.27 millóns de euros, financiado pola Comisión Europea a través da Axencia Executiva Europea para o Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA).

  • Socios: Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural-Universidad de Santiago de Compostela (PEMADE-USC), Grupo Rodiñas, Xilonor, 3edata, Universidad de Granada, Institut de Tecnologia de la Construccion de Catalunya, Institut D Arquitectura Avancada de Catalunya, Clúste da Madeira e Deseño de Galicia, Fundación Galicia Constrúe (clúster da construcción), Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
  • Referencia do proxecto: LIFE24-CCM-ES-LIFE-TIMBER-FOR-ALL/101213433
  • Acrónimo del proyecto: LIFE24-CCM-ES-LIFE TIMBER FOR ALL
  • Duración: 01/09/2025 to 30/09/2029
  • Orzamento total: 3.269.514 €
  • Contribución UE: 1.961.708 €

LTFA

GreenHUB Centro de Excelencia en Economía Circular da Eurorrexión do Norte de Portugal e Galicia

O proxecto GreenHUB contribuirá á aparición de dinámicas de cooperación dirixidas á creación de novos coñecementos en ámbitos como o aproveitamento e valorización do potencial dos recursos e residuos, así como o desenvolvemento de produtos cun impacto ambiental reducido, garantindo a súa transferencia ao tecido empresarial e impulsar a aparición de empresas intensivas en novas tecnoloxías/coñecemento na comarca.

Financiamento: INTERREG España-Portugal (POCTEP)

Aldealix: Integración da biomasa no desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais

O proxecto expón o impulso de comunidades enerxéticas locais baseadas en biomasa producida no territorio rural, utilizando as Aldeas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, como “laboratorios viventes” (“living labs”).

Este uso da biomasa proponse como unha alternativa viable para producir enerxía calorífica a partir do aproveitamento das podas nos montes das contornas das aldeas e que carecen de saída comercial. As Comunidades Enerxéticas procurarán o abastecemento das súas necesidades térmicas en vivendas e/ou edificios públicos mediante pequenas redes de calor, que se complementarán coa xeración de enerxía eléctrica fotovoltaica. Así, o proxecto contribuirá á transición enerxética mediante o fomento das enerxías renovables, á vez que se promove a xeración de emprego local para a xestión dos montes.

O proxecto traballará en definir o marco xurídico máis adecuado para xestionar estas comunidades, desenvolverá unha ferramenta dixital para a súa xestión intelixente e creará unha Rede transfronteiriza para o impulso da biomasa e as comunidades enerxéticas térmicas na Eurorrexión. Haberá dous proxectos pilotos en Galicia (concellos de Monterrei e Cerdedo-Cotobade) e outros dous no Norte de Portugal (Arcos de Valdevez e Vila Pouca de Aguiar).

Financiamento: INTERREG España-Portugal (POCTEP)

RESONATE Bosques Resilientes para a Sociedade

O proxecto RESONATE ten como obxectivo xerar o coñecemento e as prácticas necesarias para facer que os bosques europeos, os servizos que prestan e as actividades económicas relacionadas sexan máis resistentes ao cambio climático e ás perturbacións futuras.

Investígase como os factores de xestión pasados ​​e actuais afectan á resiliencia dos sistemas forestais en diferentes tipos de bosques e sistemas de xestión en toda Europa. A partir da análise de escenarios, estudos prospectivos coa participación activa das partes interesadas e análise de políticas, desenvolveranse estratexias de resposta para mellorar a resiliencia dos bosques e a cadea de valor forestal.

Financiamento: Programa de Investigación e Innovación Horizonte 2020