Convenios de colaboración
A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) publica nesta sección a información relativa aos convenios de colaboración asinados por esta axencia que está recollida na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Convenio | Obxecto | Data | Importe |
Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da V edición da feira bienal Galiforest | Organización da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa | 27/6/2018 | 108.700€ |
Acordo Marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) – Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) e a Fundación Catedral de Santiago para a realización de actuacións de recuperación e conservación do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela | Colaboración nas actuacións de recuperación e conservación das estruturas da Catedral de Santiago de Compostela | 3/8/2018 | Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para o desenvolvemento dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia | Desenvolvemento dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia | 4/5/2020 | 90.750,00€ |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para a execución dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia | Execución dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia | 25/4/2021 | 50.109,00€ |
Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con Fondos Feder no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 | Desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con Fondos Feder no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 | 2/7/2021 | 7.245,72€ |
Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Sociedade Pública Galicia Calidade, S.A.U. para a promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a vindeira campaña de Nadal | Promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a campaña de Nadal | 10/12/2021 | 10.459,85€ |
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) para a divulgación da madeira como elemento para o deseño | Divulgación da madeira como elemento para o deseño | 23/12/2021 | 14.000,00€ |
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para a promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica | Promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica | 29/12/2021 | 223.471,00€ |
Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da feira bienal Galiforest | Organización da feira bienal Galiforest | 27/4/2022 | 108.700,00€ |
Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e o Instituto Galego de Estatística para o intercambio de datos e información (00-M-38-22) | Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a CMR, a través da DXPOF, a XERA e o IGE para realizar un estudo sobre a caracterización económica e sociodemográfica do monte galego, que permita describir as explotacións forestais, os seus titulares e a cadea forestal da madeira e, de existir información, doutros recursos forestais | 26/7/2022 | Sen achega económica |
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en relación coas actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego | Establecer un marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal, a través de CIS Madeira, e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, relacionado coas actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego | 20/10/2022 | Sen achega económica |
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Servizo Galego de Saúde para a mellora do benestar e a diminución da pegada de carbono mediante o uso de madeira | Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a XERA e o Sergas para: a) impulsar o benestar das persoas usuarias dos centros sanitarios creando unha contorna que favoreza a sensación obxectiva de benestar mediante a utilización de madeira; b) incorporar sistemas construtivos que maximicen o uso de materiais de orixe biolóxica e reciclables nas obras públicas de ampliación, rehabilitación, reforma e nova creación co obxectivo de diminuír a pegada de carbono na edificación pública | 17/11/2022 | Sen achega económica |