Axenda

Filtros
Filtrar
Limpar
19 Mar

REBUILD - Congreso de arquitectura avanzada e construción 4.0

IFEMA, Madrid do 19 ao 21 de marzo do 2024

A sétima edición de REBUILD será un gran cume da industrialización en España, sendo un punto de encontro para todos os actores da edificación que buscan solucións de automatización, dixitais e sostibles. 

Está previsto que acudan máis de 24.000 profesionais da cadea de valor do ámbito da arquitectura, arquitectura técnica, enxeñería, construción, promoción, instalación, reforma, deseño de interiores e investimento. 

No marco do cume, terá lugar o Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, un foro de coñecemento e tendencias cun programa de conferencias que reunirá a grandes nomes que son referentes na industria e que contará cunha axenda específica de Construción en Madeira.
 

28 Feb

SIMPOSIO INTERNACIONAL As frondosas autóctonas: a resiliencia do sector forestal? do 28/02/2024 ao 01/03/2024

13 Dec

Presentación do Informe Anual da Cadea Monte Industria

Presentación do Informe Anual da Cadea Monte Industria, o mércores 13 de decembro ás 10:45h no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), Rúa de San Lázaro 107 en Santiago de Compostela.

08 Mar

Networkings - Galicia Empresa 2023 (08/03). A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade

03 Feb

Intervencións no patrimonio en madeira da Catedral

O venres 3 de febreiro ás 10:00h, no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, terá lugar o Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago no marco da colaboración entre a Fundación Catedral e a Axencia Galega da Industria Forestal para a contribución á conservación do rico patrimonio en madeira que alberga o templo.

25 Out

ENCONTRO PIÑEIROS 2022 - 25/10

A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Tras o éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará destacados profesionais e investigadores de España e Portugal.

O Encontro Piñeiros 22, que leva este ano por lema A cooperación Galicia-Portugal, abordará como principais eixes temáticos dúas cuestións claves: a sostibilidade do recurso en monte, que é un dos grandes desafíos do sector, e a tendencia en auxe da construción en madeira, que representa unha oportunidade para toda a cadea forestal.

O evento, que está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de xeito presencial ou on line.

30 Xuñ

GALIFOREST 2022 do 30/06 ao 02/07

A sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca celebrarase do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

A área expositiva contará con presenza das firmas máis importantes do sector que amosarán as súas últimas innovacións tecnolóxicas e novos proxectos.

De forma paralela á exposición o certame ofrecerá un amplo programa de xornadas técnicas e demostracións continuadas de traballo en monte dirixidas a profesionais do sector así como a outros perfís relacionados como os estudantes vinculados co sector.

07 Xuñ

XORNADAS II Xornadas Internacionais Madeira 2021: Taller de deseño e construción con madeira (07-13/06/2021)

XERA organiza, en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, as II Xornadas Internacionais Madeira 2021 - Taller de deseño e construción con madeira, que terán lugar do 7 ao 13 de xuño na Coruña e Arteixo.

Dando continuidade ás primeiras xornadas celebradas o pasado ano, mantense o foco na relación Tecnoloxía-Proxecto a través de tres escalas vinculadas, Territorio-Arquitectura-Moble, e formúlase o deseño e a construción dunha instalación artística de carácter efímero, experimental, dende unha posición de respecto e posta en valor dun espazo de alta calidade paisaxística e medioambiental, valorando aspectos topolóxicos, tectónicos e tipolóxicos, buscando solucións de convivencia entre "artefacto" e natureza.

Titores invitados:

  • Sebastián Erazo Fischer. Arquitecto e deseñador. París, Francia
  • Stefano Pugliese. Arquitecto e deseñador. Milán, Italia. Profesor en Faculty of Fine Arts and Design. EU, Izmir Turkey

Prazas limitadas: 30 alumnos/as que se organizarán en 2 grupos de traballo.