Xornada divulgativa no marco de proxecto LIFE SILFORE organizada polo CIF Lourizán que terá lugar o sábado 10 de maio en Chao de Pousadoiro, Ribeira de Piquín (Lugo).
Inscricións gratuítas ata o luns 5 de maio
Máis información
Ata o venres 14 de maio, poderá visitarse a exposición do proxecto LIFE Silfore, no que participa o CIF Lourizán, sobre a conservación de bosques atlánticos e subatlánticos europeos co manexo de sistemas silvopastorais frente ao reto do cambio climático.
A exposición estará aberta ao público no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida María Victória Moreno, 43).
Xornada técnica do proxecto Resonate: "Avances do proxecto tecnolóxico para a valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia" que terá lugar na sala de eventos do Edificio Fontán na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o xoves 20.03.2025 de 10:30 a 15:00 h.
Inscricións: https://apunta.xunta.gal/gl/form/xornada-tecnica-resonate
O martes 11.03.2025, celebrarase unha sesión informativa sobre as axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A) aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas con fondo FEADER e con prazo aberto para a presentación de solicitudes ata o 26.03.2025
No DOG nº 39 do 26/02/2025 publicouse unha nova convocatoria de axudas XERA-Tecno, o prazo de solicitudes permanecerá aberto do 27/02/2025 ata o 27/03/2025
Presentación do Informe anual da Cadea Monte Industria na Sala de eventos do edificio Fontán, (Cidade da Cultura) de Santiago de Compostela. O acto dará comezo ás 11:30 horas.
Para acudir ao evento é preciso confirmar a asistencia enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: eventos.economia [at] xunta.gal (eventos[dot]economia[at]xunta[dot]gal)
O vindeiro 26 de agosto ás 10:00h e por VC, haberá unha sesión informativa sobre a tramitación da axuda IN500A.
Se a vostede lle interesa, fáganolo saber no mail xera.cei [at] xunta.gal (xera[dot]cei[at]xunta[dot]gal) e farémoslle chegar o enlace para a conexión.
Pode consultar toda a información sobre esta convocatoria na ligazón: https://xera.xunta.gal/gl/a-axencia/axudas/axudas-2024/xera-tecno-feade…
A 7ª edición do monográfico forestal Galiforest celebrarase do 27 ao 29 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, Boqueixón (A Coruña).
Tras os excelentes resultados da súa pasada cita, Galiforest consolidouse xa como a maior feira forestal de España. Un referente para o sector que se prepara para celebrar o seu encontro máis ambicioso.
Unha sétima edición cuxos obxectivos principais céntranse en continuar cunha progresión que é imparable tanto nas súas cifras como na calidade da súa proposta, e tamén en avanzar nunha crecente internacionalización que permitiu xa obter para 2022 a internacionalidade a efectos aduaneiros do Ministerio de Industria e agora solicitar a súa concesión completa para 2024.
Todo iso, co monte como escenario, traducirase durante tres días na creación dun punto de encontro excepcional para empresas e profesionais, a todos os niveis e para todos os elos da cadea monte-industria.
Pode solicitar unha invitación, enviando un correo electrónico a xera.cmr [at] xunta.gal (xera[dot]cmr[at]xunta[dot]gal)