Lorenzana pon en valor o papel da cadea monte-industria na economía galega na sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume

FARUME

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asinou o acordo co presidente do padroado Xosé Manuel Mera Iglesias para desenvolver actividades de dinamización e promoción desta industria

Santiago de Compostela,

 

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe en valor o peso da cadea monte-industria na economía galega no marco da sinatura dun convenio de colaboración coa Fundación Arume. O acordo permitirá desenvolver accións de dinamización e promoción do sector a través de encontros, xornadas e material divulgativo.

Lorenzana lembrou que o forestal representa o 12 % do emprego industrial en Galicia e o 2 % do emprego total da Comunidade, cunha facturación que supera os 2.400 millóns de euros anuais y acolle preto de 3.000 empresas distribuídas por toda a xeografía galega. E, ao fío, apuntou o esforzo que está a realizar o Goberno galego para reforzar esta industria a través dun programa de axudas que nos anos  2024 e 2025 levan destinado xa algo máis de 14 millóns de euros para, entre outros, impulsar proxectos que empreguen a madeira como elemento estrutural ou os apoios para a valorización das pemes da primeira e segunda transformación da madeira. 

Imaxes relacionadas