Lorenzana pon en valor os avances que está a conseguir o sector forestal na construción industrializada en madeira

Rodiñas e Finsa

Santiago de Compostela,

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con responsables do Grupo Rodiñas e do Grupo Finsa onde puxo en valor a capacidade do sector para innovar no uso da madeira e da construción industrializada a partir deste material.

Na xuntanza, ambas as dúas empresas, referentes do sector en Galicia, compartiron os proxectos de innovación que están a desenvolver conxuntamente enfocados á obtención de novas solucións para fomentar o emprego da madeira como elemento estrutural, en liña cos retos que afronta o sector da construción.

Lorenzana quixo remarcar a importancia de que haxa colaboración entre toda a cadea de valor do forestal-madeira para seguir dando valor engadido a esta industria en Galicia.

Imaxes relacionadas