Axencia Galega da Industria Forestal

O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) estrea nova web

Portada CIS

Cis-Madeira renova a súa web incluíndo novas seccións e apartados

 

San Cibrao das Viñas,

Hoxe vense de actualizar a web do Centro Tecnolóxico CIS-Madeira.

O obxectivo último da renovación é proporcionar á sociedade información relevante sobre o noso sector, permitindo un acceso máis axeitado a novas seccións, como poden ser publicacións e vindeiros eventos de interese, ou liñas actuais de traballo do persoal do CIS-Madeira.

Nesta páxina poderase obter información dos proxectos tecnolóxicos máis salientables que están a desenvolver as tecnológas e tecnológos do Centro, dende os proxectos de rehabilitación en madeira, a valorización das frondosas caducifolias, os proxectos de fomento de construción en altura con madeira (Eguralt)  ou a plataforma de intercambio de coñecemento colectivo (Lignum Facile).

Máis información: https://cismadeira.xunta.gal/gl