A Xunta aposta por impulsar a construción en madeira para xerar valor na industria forestal

CMD

Santiago de Compostela,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou hoxe a aposta que está a facer a Xunta por impulsar a construción en madeira para xerar valor na industria forestal.

Fernández Ríos participou na inauguración dun curso sobre construción con madeira organizado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia onde sinalou que a madeira é unha materia prima clave no modelo de transición de Europa cara a unha bioeconomía circular destinada a fomentar a competitividade global e o crecemento económico sustentable. En concreto, a actividade formativa inaugurada esta mañá busca capacitar a operarios do sector da madeira e a construción na xestión, planificación, fabricación e montaxe de estruturas de madeira.

Imaxes relacionadas