Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta avanza os primeiros resultados do Inventario forestal continuo de Galicia

Mapa usos IFCG
Santiago de Compostela,

O Inventario Forestal continuo de Galicia (IFCG) é unha ferramenta fundamental de control e planificación. As metodoloxías aplicadas permiten visibilizar un mapa forestal adaptado a Galicia onde tamén se incorporan as restricións técnico-legais que poden condicionar a dispoñibilidade dos recursos dos nosos bosques.

Tal e como recolle o IFCG, Galicia conta cunha superficie de preto de 1,5 millóns de hectáreas arboradas, das cales o 42,5 % da superficie correspóndese con frondosas maioritariamente caducifolias (case 620.000 ha), seguidas por plantacións de coníferas (422.000 ha) e de eucalipto (409.000 ha).

Os primeiros resultados do Inventario forestal continuo de Galicia promovido pola Consellería do MedioRural da Xunta de Galicia son posibles grazas á cooperación coa Universidade de Vigo e coa Universidade de Santiago de Compostela a través dun convenio de colaboración e ao apoio da empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. na toma de datos de campo.