O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, avogou hoxe por impulsar o uso da madeira na costrución toda vez que este material achega solucións innovadoras e sustentables de cara a avanzar no camiño da descarbonización.
Fernández Ríos asistiu á V edición do Forum Internacional de Construción con Madeira que se está a celebrar en Pamplona no que participan expertos e profesionais do sector forestal-madeira e no que se expoñen as novidades no emprego da madeira na construción. Trátase, segundo explicou, de impulsar a innovación, a competitividade, o desenvolvemento e a diversificación neste sector.