A Xunta destaca en Madrid a aposta de Galicia por impulsar a construción con madeira autóctona

Rebuild

Madrid,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou a política de impulso da construción con madeira da Xunta de Galicia na súa intervención no Rebuild 2026, o evento profesional organizado en Madrid que reúne a toda a cadea de valor da edificación arredor da construción industrializada, a dixitalización e a sustentabilidade.

Fernández Ríos acompañou á delegación do ecosistema empresarial galego da construción con madeira que tamén estará representado neste foro con expositores, poñentes e asistentes. Durante a súa intervención na mesa redonda Construír con madeira para protexer os bosques, o titular da Xera puxo en valor a aposta do Goberno galego pola valorización da madeira local a través da xestión forestal sostible, os apoios á industria da transformación e o acompañamento á promoción pública e privada.

Imaxes relacionadas