O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou hoxe na apertura da xornada de presentación do Grupo Operativo Planforlab onde destacou a importancia deste proxecto pois a innovación en mellora xenética é chave para a mellora na calidade da madeira, e para asegurar a sustentabilidade económica das plantacións.
O proxecto está en liña con outros que se están a desenvolver dende o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e da resposta ás necesidades dos silvicultores, propietarios de terreos forestais e da sociedade galega.