Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta destinou máis de 1,5 M€ á ecoinnovación baseada na madeira para impulsar solucións de economía circular

Paudepedra

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, visita as instalacións de Paudepedra, no polígono industrial do Ceao (Lugo)

Lugo,

 

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, visitou esta mañá as instalacións de Paudepedra, no polígono industrial do Ceao (Lugo), acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

O proxecto empresarial de Paudepedra xunto a Arrokabe Arquitectos, deseñadores das construcións ecolóxicas de madeira, foi un dos beneficiarios das axudas que a Xunta, a través da XERA, destina á ecoinnovación baseada na madeira con 1,65 millóns de euros nas últimas convocatorias de 2022 e 2024.

Durante o percorrido, Aboal salientou o compromiso do Goberno galego con apostas como estas que, neste caso, poden beneficiarse de axudas que achegan o 50 % do investimento e poden alcanzar os 60.000€. Estes apoios, subliñou o director da XERA, son esenciais para que proxectos coma o de Paudapedra e Arrokabe Arquitectos poidan implantar solucións sustentables de economía circular baseada na madeira e reducir, así, a pegada ambiental.

Imaxes relacionadas