A Xunta participa en Madrid na celebración do Día Internacional dos Bosques e subliña o liderado da cadea monte-industria galega a nivel estatal

Día Internacional Bosques

Madrid,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, acompañou esta fin de semana en Madrid ás empresas galegas que asistiron aos actos organizados con motivo do Día Internacional dos Bosques. A iniciativa é promovida por Nacións Unidas que este ano  se celebra baixo o lema “Bosques e Economías”. No encontro, Fernández Ríos lembrou o papel estratéxico dos bosques na bioeconomía galega e destacou o compromiso da Xunta coa xestión forestal sustentable. 

O director da Xera gabou a implicación das empresas galegas participantes nestas xornadas que comezaban onte cunha xornada técnica orientada á análise e ao intercambio de coñecemento e rematan hoxe cunha actividade de campo, para poñer en valor a importancia do sector forestal-madeira en Galicia, tanto no eido do aproveitamento, como da transformación e xeración de valor engadido dos recursos naturais. A industria forestal factura máis de 2.400 millóns de euros ao ano e representa arredor do 1,7 % do PIB galego e na que Galicia é líder a nivel estatal por cifra de negocios.

Imaxes relacionadas