Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta pon de relevo a innovación no sector forestal nas instalacións de Maderas Hermanos Castro

Aserradero
  • O director salientou a súa aposta pola modernización e a mellora da eficiencia así como o seu compromiso coa diminución da pegada de carbono e a utilización de madeira local
  • Grazas ás achegas do Goberno autonómico están a desenvolver unha liña de produción de viga laminada de piñeiro galego
Ponteareas,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, realizou esta mañá unha visita ás instalacións de Maderas Hermanos Castro, no concello pontevedrés de Ponteareas.

 
Alí, o director puxo en valor o papel innovador que desenvolve esta empresa familiar con case catro décadas de experiencia. Neste sentido, salientou a súa aposta pola modernización e a mellora da eficiencia; así como o seu compromiso coa diminución da pegada de carbono e a utilización de madeira local.

 
Na súa visita, Jacobo Aboal puido coñecer de preto o novo proxecto que están a desenvolver grazas ás achegas convocadas pola Axencia, centrado nunha liña de produción de viga laminada de piñeiro galego, que atenderá á demanda crecente do mercado. Ademais, ofrecerá garantías da súa orixe e trazabilidade mediante a ferramenta FORTRA.

Imaxes relacionadas