Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta remata a primeira fase das obras do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

Sergude 1
  • As actuacións desenvolvidas incluíron a renovación e ampliación da residencia de estudantes, o que permite ampliar o número de prazas de 52 a 82
  • As remodelacións fixéronse tendo en conta criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética, ademais da aposta polo uso da madeira na construción
Boqueixón (A Coruña),

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, do director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, realizou esta mañá unha visita técnica ás obras do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, que vén de rematar a primeira fase das súas actuacións de acondicionamento.

Nesta visita técnica tamén participou o propio director do centro, Juan Carlos Ferreras, ademais de Magdalena Portela, Jorge Salgado e Celso López, arquitectos responsables -xunto a César Portela- desta fase do proxecto, que incluíu a reforma da actual residencia de estudantes e a construción dun novo edificio. Isto permite a potenciación e mellora das instalacións, ademais de incrementar o número de prazas da residencia, pasando de 52 a 82, para poder responder á demanda existente en consonancia coa oferta do centro.

 Tanto o novo edificio como as instalacións remodeladas responden a criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. Ambas edificacións contan cunha fachada ventilada en madeira galega, no marco da aposta do Goberno galego pola utilización deste material na construción.

Imaxes relacionadas