Axencia Galega da Industria Forestal

A Xunta salienta a aposta polo uso da madeira na construción

Enpezas
Porriño,

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, visitou esta mañá a empresa Enpezas, situada no concello pontevedrés de Porriño, que se dedica á construción prefabricada. Alí, o director recoñeceu o importante labor que desenvolven entidades destas características, que apostan polo uso da madeira na construción.

Jacobo Aboal lembrou que o Goberno autonómico está totalmente comprometido co fomento da madeira na construción, nunha aposta que se materializa tanto dende o ámbito privado como do público e mediante a convocatoria de diversas liñas de achegas.