Axenda

Filtros
Filtrar
Limpar
26 Mar

WEBINARIO Retos e expectativas da industria forestal (26/03/2021)

Venres 26 de marzo de 10:30 a 12:00 h

Presentación pública das conclusións da 2ª enquisa de conxuntura respecto dos retos e expectativas da industria forestal galega, realizada en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Intervirán D. Manuel Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; D. Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e D. Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra.

As conclusións da primeira enquisa, realizada o pasado mes de maio, están dispoñibles na sección de publicacións desta web.

12 Xan

FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA PROFESIONAIS DA INDUSTRIA FORESTAL - Iniciación á construción con madeira

Dende XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, iníciase unha serie de módulos formativos de especialización vinculados á construción con madeira.

A iniciativa está enmarcada dentro das actuacións definidas na Axenda de Impulso da Industria Forestal (1.1.1) e reforza a estratexia de apoio da Axencia aos proxectos de construción con madeira.

O obxectivo é formar a operarios e instaladores do sector interesados en especializarse na construción con madeira, para así dar resposta á crecente demanda deste perfil.

Para iso, como inicio, convócanse os seguintes módulos:

  • Prevención de riscos laborais
  • Tecnoloxía da madeira
  • Mellora continua

Os módulos contarán con formación teórica e práctica. Os contidos teóricos desenvolveranse en modalidade online e a parte práctica reduciuse ao mínimo (atendendo ás recomendaciones de prevención da COVID-19).

03 Dec

WEBINAR-DIÁLOGO Sobre a importancia da biofilia (03/12/2020)

Presentación do manual "Lugares públicos de estancia con carácter biofílico".

24 Nov

WEBINAR Xornada de resultados do proxecto Biomasa AP (24/11/2020)

Xornada de presentación de resultados do proxecto de Biomasa AP, proxecto transfronteirizo cuxo obxectivo é a mellora das capacidades dos centros de I+D das rexións de Galicia e Norte de Portugal para optimizar a explotación do uso da biomasa procedente de restos de poda, matorrais, vide e kiwi.

O evento será dixital e a asistencia gratuíta.

28 Out

WEBINAR Presentación da ferramenta web TRABE para o cálculo estrutural (28/10/2020)

Mércores 28 de outubro ás 12:00 h

Xornada online de presentación da ferramenta web TRABE para o cálculo estrutural de produtos de madeira, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

30 Set

WEBINAR Presentación da guía para o marcado CE de produtos de madeira (30/09/2020)

Mércores 30 de setembro ás 12:00 h

Xornada online de presentación da Guía técnica para a implantación do marcado CE en produtos de madeira para a construción, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

07 Xul

#Utilizamadeira WEBINAR Presentación do Programa para fomentar a construción e o desenvolvemento de produtos de madeira (07/07/2020)

Martes 7 de xullo de 2020, de 12:00 a 13:00 h

O programa, dotado con 1,7 M€, inclúe catro liñas de apoio ao uso da madeira:

  • Proxectos de nova construción e rehabilitación de naves e negocios
  • Desenvolvemento de envases, embalaxes e expositores PLV
  • Proxectos de execución de vivenda nova ou rehabilitada
  • Obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio
22 Mai

#SeguimosAdiante WEBINAR Retos da industria forestal post-COVID19 (25/05/2020)