O delegado inaugura unha exposición sobre as ameazas do cambio climático aos bosques atlánticos e subatlánticos que estará dispoñible no edificio administrativo da Xunta

Silfore1
Pontevedra,

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, inaugurou hoxe unha exposición do proxecto Life Silfore que pretende concienciar e alertar sobre a importancia de conservar os bosques atlánticos e subatlánticos europeos co emprego de sistemas silvopastorales ante a ameaza do cambio climático.

Esta mostra, que está aberta ao público na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra (avenida María Victória Moreno, 43) durante unha tres semanas, consistirá en varios totens con imaxes e información relevante sobre as principais ameazas á supervivencia destas masas forestais.

O delegado territorial destacou durante a súa intervención o compromiso da Xunta co coidado dos nosos montes e sinalou como unha das principais ameazas para o noso ecosistema, “os lumes forestais que cada ano abrasan centenas de hectáreas dentro e fora de Galicia e que, pese ás melloras nos sistemas de vixilancia e extinción e ao aumento constante de recursos, seguen sendo un reto ao que hai que facer fronte con contundencia, valentía, e tamén con educación e concienciación”.

Tamén interviu o xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do CIF-Lourizán, Francisco Javier Silva-Pando, quen sinalou a necesidade de seguir apoiando este tipo de iniciativas que acheguen á cidadanía a realidade climática que estamos a vivir e as posibles consecuencias deste cambio para a nosa contorna. O emprego dos sistemas silvopastorales favorecerá a adaptación dos bosques ao cambio climático, o fomento do aproveitamento dos ecosistemas naturales, a conservación de razas autóctonas e maiores beneficios económicos para os agricultores e propietarios forestales.

Pola súa banda, o director de área de Innovación Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal, Abelardo Nimo, destacou o esforzo constante que administración leva a acabo para innovar e mellorar os sistemas de control do medio natural.

A exposición poderá visitarse ata o próximo venres 16 de maio no horario de apertura habitual do edificio administrativo.

Imaxes relacionadas