O proxecto expón o impulso de comunidades enerxéticas locais baseadas en biomasa producida no territorio rural, utilizando as Aldeas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, como “laboratorios viventes” (“living labs”). Este uso da biomasa proponse como unha alternativa viable para producir enerxía calorífica a partir do aproveitamento das podas nos montes das contornas das aldeas e que carecen de saída comercial. As Comunidades Enerxéticas procurarán o abastecemento das súas necesidades térmicas en vivendas e/ou edificios públicos mediante pequenas redes de calor, que se complementarán coa xeración de enerxía eléctrica fotovoltaica. Así, o proxecto contribuirá á transición enerxética mediante o fomento das enerxías renovables, á vez que se promove a xeración de emprego local para a xestión dos montes. O proxecto traballará en definir o marco xurídico máis adecuado para xestionar estas comunidades, desenvolverá unha ferramenta dixital para a súa xestión intelixente e creará unha Rede transfronteiriza para o impulso da biomasa e as comunidades enerxéticas térmicas na Eurorrexión. Haberá dous proxectos pilotos en Galicia (concellos de Monterrei e Cerdedo-Cotobade) e outros dous no Norte de Portugal (Arcos de Valdevez e Vila Pouca de Aguiar). Financiamento: INTERREG España-Portugal (POCTEP) Imaxe