Galiforest 2026
Do 2-4 de xullo de 2026 en Segude (Boqueixón)
O monográfico forestal internacional Galiforest Abanca celebrará a súa 8ª edición no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello de Boqueixón (A Coruña).
Trátase dunha feira con exposisión dinámica e demostrativos no monte, en condicións reais de traballo que xera un espazo de encontro forestal que posibilita a xeración de negocio, innovación e divulgación tanto técnica como social. O certame ocupará unha superficie de máis dunha hectárea e espérase a asistencia dunhas 400 firmas procedentes de máis de 30 países cunha afluencia media duns 3.000 visitantes diarios.
>> Máis información
Xornada de divulgación proxecto LIFE SILFORE: Xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo
Xornada divulgativa no marco de proxecto LIFE SILFORE organizada polo CIF Lourizán que terá lugar o sábado 10 de maio en Chao de Pousadoiro, Ribeira de Piquín (Lugo).
Inscricións gratuítas ata o luns 5 de maio
Máis información
29/04 - 14/05 Exposición Proxecto SILFORE- Silvopastoreo en Bosques atlánticos e subatlánticos
Ata o venres 14 de maio, poderá visitarse a exposición do proxecto LIFE Silfore, no que participa o CIF Lourizán, sobre a conservación de bosques atlánticos e subatlánticos europeos co manexo de sistemas silvopastorais frente ao reto do cambio climático.
A exposición estará aberta ao público no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida María Victória Moreno, 43).
Xornada técnica: Valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia
Xornada técnica do proxecto Resonate: "Avances do proxecto tecnolóxico para a valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia" que terá lugar na sala de eventos do Edificio Fontán na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o xoves 20.03.2025 de 10:30 a 15:00 h.
Inscricións: https://apunta.xunta.gal/gl/form/xornada-tecnica-resonate
Sesión informativa sobre as axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A)
O martes 11.03.2025, celebrarase unha sesión informativa sobre as axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A) aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas con fondo FEADER e con prazo aberto para a presentación de solicitudes ata o 26.03.2025
Convocatoria de axudas XERA-Tecno 2025 (IN500A)
No DOG nº 39 do 26/02/2025 publicouse unha nova convocatoria de axudas XERA-Tecno, o prazo de solicitudes permanecerá aberto do 27/02/2025 ata o 27/03/2025
Presentación do Informe anual da Cadea Monte Industria
Presentación do Informe anual da Cadea Monte Industria na Sala de eventos do edificio Fontán, (Cidade da Cultura) de Santiago de Compostela. O acto dará comezo ás 11:30 horas.
Para acudir ao evento é preciso confirmar a asistencia enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: eventos.economia [at] xunta.gal (eventos[dot]economia[at]xunta[dot]gal)
Sesión informativa por VC sobre a tramitación da axuda IN500A
O vindeiro 26 de agosto ás 10:00h e por VC, haberá unha sesión informativa sobre a tramitación da axuda IN500A.
Se a vostede lle interesa, fáganolo saber no mail xera.cei [at] xunta.gal (xera[dot]cei[at]xunta[dot]gal) e farémoslle chegar o enlace para a conexión.
Pode consultar toda a información sobre esta convocatoria na ligazón: https://xera.xunta.gal/gl/a-axencia/axudas/axudas-2024/xera-tecno-feade…