A Xunta e Pemade impulsan unha guía para poñer en valor as posibilidades do emprego da madeira de castiñeiro no eido da construción
A Xunta pon en valor o papel das organizacións empresariais do sector forestal-madeira como interlocutoras coa administración
Lorenzana pon en valor os avances que está a conseguir o sector forestal na construción industrializada en madeira
20/03/2026
Galiforest 2026
15/04/2026
Presentación de resultados "Madeira en valor"
10/05/2025
Xornada de divulgación proxecto LIFE SILFORE: Xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo
18/12/2024
Taller de traballo sobre promoción de vivenda con madeira. Resultados de experiencias en España
13/12/2023
Informe da Cadea Forestal-Madeira de Galicia 2022-2023
16/11/2023
Guía para o fomento da madeira na contratación pública de edificacións sustentables
GALIFOREST 2022 do 30/06 ao 02/07
A sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca celebrarase do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
A área expositiva contará con presenza das firmas máis importantes do sector que amosarán as súas últimas innovacións tecnolóxicas e novos proxectos.
De forma paralela á exposición o certame ofrecerá un amplo programa de xornadas técnicas e demostracións continuadas de traballo en monte dirixidas a profesionais do sector así como a outros perfís relacionados como os estudantes vinculados co sector.
ENCONTRO PIÑEIROS 2022 - 25/10
A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Tras o éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará destacados profesionais e investigadores de España e Portugal.
O Encontro Piñeiros 22, que leva este ano por lema A cooperación Galicia-Portugal, abordará como principais eixes temáticos dúas cuestións claves: a sostibilidade do recurso en monte, que é un dos grandes desafíos do sector, e a tendencia en auxe da construción en madeira, que representa unha oportunidade para toda a cadea forestal.
O evento, que está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de xeito presencial ou on line.
Intervencións no patrimonio en madeira da Catedral
O venres 3 de febreiro ás 10:00h, no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, terá lugar o Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago no marco da colaboración entre a Fundación Catedral e a Axencia Galega da Industria Forestal para a contribución á conservación do rico patrimonio en madeira que alberga o templo.