Axenda

Axenda

Galiforest 2026

Presentación do "Informe da cadea forestal-madeira de Galicia 2024-2025"

Presentación de resultados "Madeira en valor"

Publicacións

Publicacións

Informe da Cadea Forestal-Madeira de Galicia 2025

Guía técnica "Castiñeiro en verde na construción"

Taller de traballo sobre promoción de vivenda con madeira. Resultados de experiencias en España

30 Xuñ

GALIFOREST 2022 do 30/06 ao 02/07

A sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca celebrarase do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

A área expositiva contará con presenza das firmas máis importantes do sector que amosarán as súas últimas innovacións tecnolóxicas e novos proxectos.

De forma paralela á exposición o certame ofrecerá un amplo programa de xornadas técnicas e demostracións continuadas de traballo en monte dirixidas a profesionais do sector así como a outros perfís relacionados como os estudantes vinculados co sector.

25 Out

ENCONTRO PIÑEIROS 2022 - 25/10

A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Tras o éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará destacados profesionais e investigadores de España e Portugal.

O Encontro Piñeiros 22, que leva este ano por lema A cooperación Galicia-Portugal, abordará como principais eixes temáticos dúas cuestións claves: a sostibilidade do recurso en monte, que é un dos grandes desafíos do sector, e a tendencia en auxe da construción en madeira, que representa unha oportunidade para toda a cadea forestal.

O evento, que está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de xeito presencial ou on line.

03 Feb

Intervencións no patrimonio en madeira da Catedral

O venres 3 de febreiro ás 10:00h, no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, terá lugar o Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago no marco da colaboración entre a Fundación Catedral e a Axencia Galega da Industria Forestal para a contribución á conservación do rico patrimonio en madeira que alberga o templo.