"A industria forestal galega ante o COVID-19”

Enquisa realizada no mes de maio en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer a situación da industria forestal galega no contexto actual marcado polo COVID-19.

Guía técnica para a implantación do Marcado CE en produtos de madeira para a construción

TRABE, dimensionado de estruturas de madeira segundo o CTE

Esta ferramenta gratuíta para o cálculo estrutural estase a desenvolver no marco do convenio “Madeira en Valor” entre a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE).

TRABE está deseñada para o cálculo estrutural de produtos en madeira e pretende servir de apoio á toma de decisións do prescritor para unha instalación en condicións de calidade e seguridade. Inclúe as principais especies forestais galegas, impulsando os produtos locais de madeira.

Informe executivo - Xornada sobre oportunidades para o sector do moble e o contract: mobiliario pensado para o coidado das persoas maiores

2ª Enquisa de conxuntura da industria forestal

Realizada pola XERA e a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra e dirixida á industria forestal galega co obxectivo de coñecer os retos e expectativas que se lle presentan no actual contexto marcado pola pandemia da COVID-19.

Informe de A Cadea Forestal-Madeira de Galicia 2021-2022

07 Xuñ

XORNADAS II Xornadas Internacionais Madeira 2021: Taller de deseño e construción con madeira (07-13/06/2021)

XERA organiza, en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, as II Xornadas Internacionais Madeira 2021 - Taller de deseño e construción con madeira, que terán lugar do 7 ao 13 de xuño na Coruña e Arteixo.

Dando continuidade ás primeiras xornadas celebradas o pasado ano, mantense o foco na relación Tecnoloxía-Proxecto a través de tres escalas vinculadas, Territorio-Arquitectura-Moble, e formúlase o deseño e a construción dunha instalación artística de carácter efímero, experimental, dende unha posición de respecto e posta en valor dun espazo de alta calidade paisaxística e medioambiental, valorando aspectos topolóxicos, tectónicos e tipolóxicos, buscando solucións de convivencia entre "artefacto" e natureza.

Titores invitados:

  • Sebastián Erazo Fischer. Arquitecto e deseñador. París, Francia
  • Stefano Pugliese. Arquitecto e deseñador. Milán, Italia. Profesor en Faculty of Fine Arts and Design. EU, Izmir Turkey

Prazas limitadas: 30 alumnos/as que se organizarán en 2 grupos de traballo.