Xornada organizada en colaboración con Atacarma, asociación de carpinteiros da Costa da Morte, para a dar a coñecer as axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas á industria forestal.
Acceso libre ata completar a capacidade do local.
Martes 7 de xullo de 2020, de 12:00 a 13:00 h
O programa, dotado con 1,7 M€, inclúe catro liñas de apoio ao uso da madeira:
Mércores 30 de setembro ás 12:00 h
Xornada online de presentación da Guía técnica para a implantación do marcado CE en produtos de madeira para a construción, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.
Mércores 28 de outubro ás 12:00 h
Xornada online de presentación da ferramenta web TRABE para o cálculo estrutural de produtos de madeira, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.
Xornada de presentación de resultados do proxecto de Biomasa AP, proxecto transfronteirizo cuxo obxectivo é a mellora das capacidades dos centros de I+D das rexións de Galicia e Norte de Portugal para optimizar a explotación do uso da biomasa procedente de restos de poda, matorrais, vide e kiwi.
O evento será dixital e a asistencia gratuíta.